Horario

En Serantes a sección de Crédito permanece fechada polas tardes.
Supermercado
e Agrotenda
Anual
Luns a sabado 9 a 21
Credito Inverno
Luns a Sabado 9 a 14
Luns a Venres 16 a 18:30
Credito Verano
Luns a Sabado 9 a 14
Luns a Venres 17:30 a 20

Faite socio

Ser socio e todo ventaxas, consultanos e se o desexas faite socio consulta

A nosa caixa de aforros

Que e a banca do O Val e que beneficios nos aporta.información

Traballa con nos

Envíanos o teu curriculum en formato Word ou PDF ou envíanolo por Fax ao 981 453 902

Fund. Terra de Trasancos

logo fundación Terra de TrasancosA Fundación Terra de Trasancos

A Fundación está dedicada a obra social, en especial o seu local Fogar de Maiores (na mesma parcela da cooperativa), onde se imparte diversas actividades e ofrécense múltiples servizos profesionais.

Para máis información acceder á sua páxina Web. acceso

Buzón de Suxerencias

Utilice este formulario para achegarnos comentarios relacionados coa cooperativa.
Tamén pode achegarnos suxerencias da web, e o que lle gustaría que incluíramos. suxerencias

Novas

INFORMACIÓN PARA TODOS OS SOCIOS E COLABORADORES DA COOPERATIVA DE O VAL

Asamblea xeral extraordinaria de socios

Informámoslles de que o pasado 14 de Decembro do 2008, celebrouse unha Asemblea Extraordinaria, onde (entre outros puntos) acordouse:

-A partir desta data, estarán á súa disposición nas oficinas de Crédito da Cooperativa o impreso para solicitar ser socio de pleno dereito da Cooperativa, a todas as persoas que non se fixesen socios até esta data.

Facer os socios de pleno dereito,vén obrigado pola Lei de Cooperativas do 5/1998.Todos os que non se fagan socios de pleno dereito, chamaranse terceiros (pola propia lei) aínda que poderán usar todos os servizos da Cooperativa pero como clientes.

Todos os que se fagan socios de pleno dereito antes do 30 de Abril do 2009 respectaráselles ou mellorará o Nº antigo, tanto os titulares como os herdeiros dos socios que falecesen. A partir da data do 30/04, os números serán dados na orde que se fagan socios de pleno dereito. Aos socios entregaráselles un título onde aparece o novo número e a cifra de 120,20 Euros achegados ao capital, e uns cartóns de identificación, para poder asistir ás asembleas ou outras xestións nas que se necesitase. O capital achegado será devolto ao socio no momento que cause baixa na Cooperativa.

VANTAXES DO SOCIO DE PLENO DEREITO

- Poderá asistir ás Asembleas con voz e voto.
- Poderá pertencer ao Consello Reitor ou a calquera outro órgano da Cooperativa.
- Pagaranse os xuros dos 120,20 Euros por valor oficial do diñeiro, que serán ingresados no caderno da sección de crédito.
NOTA: Este ano pagaranse todos os atrasos dos xuros xerados polo capital social achegado polos actuais socios de pleno dereito.
- Ingresarase anualmente no caderno da sección de crédito un 2 % de todas as compras que faga o socio o longo de todo o ano.
- Continuaremos buscando melloras, que beneficien especialmente os socios de pleno dereito.



O Consello Reitor

feb09

A cooperativa de O Val destina 100.000 euros a cambiar a imaxe das súas instalacións

A fachada loce agora os mesmos materiais que o centro de maiores

exterior de a cooperativa de O ValA cooperativa de O Val loce unha nova imaxe, froito dunhas obras iniciadas no pasado mes de xuño e que contan cun orzamento de preto de cen mil euros. Os traballos obedecen á necesidade de dar un lavado de imaxe á fachada do edificio da cooperativa.

Os dirixentes da agrupación de O Val levaban tempo con esta idea na cabeza, pero foi coa construción e posterior posta en marcha do Fogar dos Maiores Terra de *rasancos, a finais do pasado ano, cando viron a necesidade de «armonizar os exteriores de ambas instalacións», que están separadas só por uns metros.

Así, os operarios da empresa que se encargou de realizar as obras revestiron as paredes de pedra ata unha altura duns catro metros. No resto da fachada, colocaron un panelado exterior de alucubón, material composto de aluminio e aceiro. Anteriormente, os exteriores, de cemento, estaban pintados en branco.
No marco desta mesma actuación, a directiva da agrupación de O Val instalou na marxe da estrada un gran cartel que anuncia a cooperativa. «Pensamos que polo peso que a entidade ten na comarca, merecíase unha fachada decente, en condicións».

A directiva da cooperativa de O Val ten pendente acometer máis adiante unha segunda fase desta actuación, no interior do edificio, para modernizar e ampliar as oficinas e despachos.

2008dec

Páxina: 1 2

Visita virtual

Un paseo por as instalacións

A visita virtual e un percorrido por os distintos espacios da cooperativa mediante a visualización de fotos panorámicas en 360º.

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado o Flash.

Descargar o Flash PlayerLogotipo de Adobe Flash Player

Acceso á visita vitual

Historia

A Cooperativa no tempo

imaxe da cooperativaDende o ano 1974 ata hoxe,o repaso pola historia de a Cooperativa que cumpre xa o seu 35 aniversario.

A historia

Clima

Predición para Galicia

Mira o mapa do tempo para coñecer a mellor situación para o agro, o mar, viaxes e as tuas actividades diarias.
Patrocinado por: Santiago Pemán

Acceso ao mapa do tempo