Horario O Val

Supermercado
e Agrotenda
Anual
Luns a Sábado 9:00 a 21:00
Credito Inverno
Luns a Sabado 9:00 a 14:00
Luns a Venres 16:00 a 18:30
Credito Verano
Luns a Sabado 9:00 a 14:00
Luns a Venres 17:30 a 20:00

Horario Serantes

A Sección de Crédito de Serantes permanecerá fechada polas tardes.
Supermercado
e Agrotenda
Inverno
Luns a Sábado 9:00 a 14:30

16:30 a 20:30
Supermercado
e Agrotenda
Verano
Luns a Sábado 9:00 a 14:30

17:00 a 21:00
Credito Anual
Luns a Sábado 9:00 a 14:00

Faite socio

Ser socio e todo ventaxas, consultanos e se o desexas faite socio consulta

A nosa caixa de aforros

Que e a banca do O Val e que beneficios nos aporta.información

Traballa con nos

Envíanos o teu curriculum en formato Word ou PDF ou envíanolo por Fax ao 981 453 902

Fund. Terra de Trasancos

logo fundación Terra de TrasancosA Fundación Terra de Trasancos

A Fundación está dedicada a obra social, en especial o seu local Fogar de Maiores (na mesma parcela da cooperativa), onde se imparte diversas actividades e ofrécense múltiples servizos profesionais.

Para máis información acceder á sua páxina Web. acceso

Buzón de Suxerencias

Utilice este formulario para achegarnos comentarios relacionados coa cooperativa.
Tamén pode achegarnos suxerencias da web, e o que lle gustaría que incluíramos. suxerencias

A Historia

Santa María do Val, Sociedade Cooperativa Galega a través do tempo.

Imaxe da Cooperativa de O Val A Cooperativa nace no ano 1973, ó remate da ditadura que aínda non perdera de todo as mañas, o que levaba consigo que as iniciativas de carácter social se visen sometidas a control,polo que os primeiros pasos desta criatura valexa non estiveron libres de dificultades. A falta de liberdades non toleraba a máis mínima rebeldía contra o poder establecido que non respecta mais iniciativas que as propias nin mais liberdades que as que favorecen os seus intereses.

Foron sesenta persoas que ó pouco convertéronse en cen as que fixeron ir medrando a autoestima ata agora que xa se valora como un clima colectivo, aberto ó progreso e ó desenvolvemento. Algo traspasa os limites da parroquia para pensar na Comarca.

Nace nun ambiente certamente enrarecido,motivado pola caída da emblemática Cooperativa no Norte de Galicia que era a de Castro. E isto provoca a desconfianza dos veciños,cousa lóxica e natural.Pero o grupo do Val estaba convencido de que sen traballo,esforzo é risco nada é posible. Un exemplo do dito está en que tivo que ser nos seus propios coches,como podería empezar a facerse o reparto por a parroquia:abonos,patacas da semente, é en horas non laborables, sábados, domingos e festivos. E así por necesidade e co mesmo tesón comeza a construción do primeiro local propiedade dos socios. Pero a consolidación da entidade vai estar marcada por o conflito do leite, nese momento, na maior parte das familias os ingresos por o leite eran básicos para a súa economía, as ameazas de deixar de recollelo , fixo a cooperativa afrontara con decisión firme,unha pelexa con Leyma hasta conseguir un acordo que durou ata o ano 1993 ,data en que as vacas de leite tiñan desaparecido do noso arredor.

No ano 1975 tamén se da un paso importante de consolidación,crease a sección de crédito, nace con 600.000 pesetas e hoxe supera os 18.000.000 de Euros converténdose na columna básica da entidade por ser a que mais beneficios achega e o 75 %son depósitos dos veciños da parroquia,este dato indica o grado de confianza que teñen na cooperativa, prefiren ter os seus aforros aquí que nun banco.

No ano 1979 comezou a funcionar a sección de maquinaria.No principio dispoñíase dun tractor cos seus apeiros que se compraron a través dunha subvención pola produción leiteira. Acordouse contratar un tractorista para se facer cargo, por un prezo axeitado, dos traballos que os socios precisaran. Esta sección foi experimentando unha forte demanda e, como consecuencia fomos ampliando o noso parque móbil agrícola.

A mediados da década dos anos oitenta, a cooperativa decátase de que as pequenas explotacións de leite que eran o 100% da existentes estaban condenadas a morrer, a entrada no Mercado Común e a falta en Galicia de forzas políticas que coñeceran a realidade e polo tanto foran sensibles a ela facían invisible o futuro. E daquela cando se presenta a alternativa e obriga a decidir:ou planificar o futuro de asociacionismo é buscar novos horizontes ou quedar reducidos a unha insignificante sucursal bancaria sen valor algún.

Pementos do CoutoPero a cooperativa nacera para reivindicar liberdades e progreso e debera seguir esa ruta. A sociedade comeza xa a súa carreira neoliberal acelerada, baseada no comercio,e faise necesario andar cos tempos,por iso se pode dicir agora que a área comercial da cooperativa naceu a tempo e esta asentada, pero en permanente evolución intentando cubrir as necesidades dos socios,mostra do seu desenrolo e que a área comercial empeza con 500m2 e hoxe supera os 3500m2.

Con isto posto a andar, no ano 1995 ponse en marcha a sección de horta, que se levaba programando dende oito anos antes,non se quería fallar,na contorna tamén houbera mais de unha experiencia que ao pouco tempo fallara.Hoxe esta sección, compóñena mais de 40 familias que producen distintos produtos hortícolas como tomate, pementos, acelgas, leitugas, patacas, etc., con unhas vendas que roldan o millón de Euros. A cooperativa controla todo o proceso dende a echura da planta, coa posta en marcha do noso viveiro na leira de Sinde polo 2005, ata a entrega no punto de venda, isto fixo posible a consolidación da calidade e polo tanto que a demanda sexa cada dia maior cá nosa produción. Temos a patente do Pemento do Couto e en tramite moi avanzado a denominación de Orixe.

Un reto novo xurde polo ano 2000, tratase da integración-fusión da cooperativa de Serantes na do Val. Sabido é que aquela arrastraba consigo bo e malo pero que o Val intentara por tódolos medios facer medrar o bo e deixar atrás o malo.No ano 2003 faise a fusión con unha gran inversión nas instalacións, e a dia de hoxe temos agrotenda e supermercado con unha superficie aproximado a 800 m2. Tamén, en Xaneiro do 2008 abrimos a caixa de crédito, para dar un servizo igual ao que se poida dar na sede do Val.

imaxe do edificio da fundaciónMención aparte merece a creación da Fundación Terra de Trasancos.Foi no ano 94 cando se empezou a pensar nela. Estaba a quedar en evidencia que a estrutura da Cooperativa víase limitada para facer fronte as necesidades de xestión que precisaban os recursos que por lei debía de dedicar á atencións sociais. A hora da súa posta en funcionamento quedou fixada no 2002 e nace con as mesmas ilusións que viñan adornado o cooperativismo na parroquia desde o seu nacemento. Comeza tamén por poñe-los ollos en metas difíciles pero que serán posibles. Tratase de mellorar a calidade de vida dos veciños,comezando, como non se podía agardar menos polos máis necesitados de atención :As persoas maiores e os nenos.